viernes, 19 de junio de 2020

Have a wonderful summer! Que teñades un fantástico verán!

O curso escolar remata hoxe e as mestras de inglés queriamoslles dicir a todos os nosos alumnos e alumnas que os botamos moito de menos durante estes últimos meses e que esperamos con ilusión velos o vindeiro curso. Tamén queremos agradecer a todas as familias a vosa colaboración durante o curso e especialmente durante esta última etapa tan complicada que nos tocou vivir este ano.

Por último aos nosos alumnos e alumnas de 6º, querémosvos dicir que o curso que vén botarémosvos moito de menos. Estamos seguras de que ides facer un gran traballo no instituto e vos desexamos toda a sorte do mundo nesta nova etapa da vosa vida 🍀🍀🍀.

E aquí vos deixamos algunhas imaxes das clases de inglés deste curso, esperamos que vos gusten.

No hay comentarios:

Publicar un comentario