viernes, 6 de noviembre de 2020

HALLOWEEN 2020

Este ano no cole tocounos vivir un Halloween un pouco distinto. Non puidemos festexalo todos xuntos coma outros anos, mais iso non significa que non puideramos divertirnos. Nas clases de inglés escoitamos cancións divertidas, historias de Halloween e aprendimos moito vocabulario sobre esta festividade. Nas clases de Arts and Crafts fixemos manualidades e debuxos sobre bruxas, arañas, morcegos e outras moitas cousas terroríficas. Aquí tedes algunhas imaxes sobre os nosos traballos: