Happy Halloween!!!
Esta semana, nas clases de inglés, tivemos moitas actividades especiais para celebrar a festividade de Halloween. Aquí tedes unhas imaxes!
- Infantil
A nosa auxiliar de conversa Chloe leunos unha historia moi divertida, Little Monster and the Spooky Party, que trata acerca dun pequeno monstro que vai a unha festa, e despois tivemos tempo para cantar e bailar cancións de Halloween en inglés.
- 1º e 2º de primaria
Nós puidemos desfrutar doutra divertida historia, Meg and Mog, e despois debuxamos aos personaxes do conto seguindo as atentas indicacións da nosa auxiliar Chloe.
- 3º e 4º de primaria
Neste caso Chloe leunos a fermosa historia Room on the Broom, de Julia Donaldson. A continuación, os alumnos e alumnas de 3º puidemos desfrutar dunha curtametraxe en inglés baseada no conto, mentres que o alumnado de 4º inventamos e debuxamos as nosas propias pocións.
- 5º e 6º de primaria
No caso de 5º e 6º, a nosa auxiliar Chloe preparounos unha presentación sobre Halloween nos Estados Unidos que foi moi interesante. Despois practicamos o noso inglés xogando a un xogo en equipos no cal tiñamos que dar pistas aos nosos compañeiros e compañeiras para que adiviñasen distintas palabras relacionadas con Halloween.
Esperamos que vos gustasen as imaxes, Happy Halloween everyone!
No hay comentarios:
Publicar un comentario