jueves, 16 de abril de 2020

BOOK DAY ACTIVITY - Actividade para o Día do Libro


El Gruffalo Auto Adhesivo Pared Arte Pegatina Calcomanía Mural de ...
O vindeiro 23 de abril festéxase o Día Internacional do Libro. Desde as clases de inglés este ano queremos compartir obras de Julia Donaldson, polo que esta semana xa comezamos coa primeira, The Gruffalo. Outros anos sempre traballabamos algunha historia todos xuntos en clase, e como este ano non podemos, propoñemos unha actividade para facer en casa. Gustaríanos que todos os alumnos e alumnas que queiran participar, fagan un debuxo inspirado na historia de The Gruffalo despois de ver os vídeos que temos aquí publicados no blogue, xusto debaixo desta entrada. 

O debuxo pode ser coma eles queiran, unha personaxe da historia, varias, unha escena do conto, o que se lles ocorra. Para facelo poden empregar os materiais que queiran, lapis, rotus, ceras, o que prefiran. Tamén poden incluir algunha palabra en inglés, coma os nomes dos animais, o título do conto, algunha frase... 

Unha vez feito o debuxo poden compartilo con calquera das dúas mestras de inglés a través das plataformas de contacto que estades usando, ou a través do correo electrónico englishteacherpalacios@gmail.com. Podedes enviar fotos dos vosos debuxos ata o vindeiro mércores 22 de abril. Despois compartiremos aquí no blogue os vosos traballos, para que os poidan ver os vosos compañeiros e compañeiras, polo que lembrade poñer nome e curso nalgún sitio visible do debuxo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario