viernes, 6 de noviembre de 2020

HALLOWEEN 2020

Este ano no cole tocounos vivir un Halloween un pouco distinto. Non puidemos festexalo todos xuntos coma outros anos, mais iso non significa que non puideramos divertirnos. Nas clases de inglés escoitamos cancións divertidas, historias de Halloween e aprendimos moito vocabulario sobre esta festividade. Nas clases de Arts and Crafts fixemos manualidades e debuxos sobre bruxas, arañas, morcegos e outras moitas cousas terroríficas. Aquí tedes algunhas imaxes sobre os nosos traballos:

viernes, 19 de junio de 2020

Have a wonderful summer! Que teñades un fantástico verán!

O curso escolar remata hoxe e as mestras de inglés queriamoslles dicir a todos os nosos alumnos e alumnas que os botamos moito de menos durante estes últimos meses e que esperamos con ilusión velos o vindeiro curso. Tamén queremos agradecer a todas as familias a vosa colaboración durante o curso e especialmente durante esta última etapa tan complicada que nos tocou vivir este ano.

Por último aos nosos alumnos e alumnas de 6º, querémosvos dicir que o curso que vén botarémosvos moito de menos. Estamos seguras de que ides facer un gran traballo no instituto e vos desexamos toda a sorte do mundo nesta nova etapa da vosa vida 🍀🍀🍀.

E aquí vos deixamos algunhas imaxes das clases de inglés deste curso, esperamos que vos gusten.

lunes, 15 de junio de 2020

ENGLISH GAMES FOR 5TH & 6TH GRADE (5º e 6º PRIMARIA)


Como esta é a última semana do curso, tedes aquí uns divertidos xogos e quizzes para poñer a proba o voso inglés. Espero que vos gusten e que teñades un fantástico verán. Enjoy your summer holidays!!!

KAHOOT GAMES
  • Uncle Charlie's hotel
  • At the toy shop
https://kahoot.it/solo/?quizId=4d5c3ac6-472d-4cb0-8def-1c98605c4589
  • A special day at school
https://kahoot.it/solo/?quizId=57d6b6ec-a4e0-4827-a11f-28426bbd81cb
  • Visiting Sophia's cousins
https://kahoot.it/solo/?quizId=428e86e3-6657-4a73-9c25-4a5c5abc500d

QUIZZES

  • Are you a wizard, a dragon or a hobbit? If you were a movie, what type would you be? Are you a good witch? (Se queres saber as respostas a estas preguntas, fai estes divertidos tests de personalidade. Poderás saber desde que tipo de dragón ou bruxa serías ata que superpoder terías segundo as túas respostas):
personality quizzes

  • How much do you know about tigers? (Queres saber canto sabes sobre tigres? Fai este quiz e o descubrirás):


tiger quiz

  • What kind of pet matches your personality? (Cal é a mascota ideal para ti? Descúbreo contestando a estas preguntas!):

  • Synonyms quiz (Canto sabes sobre sinónimos en inglés? Ponte a proba con este quizz!)
synonyms quiz
  • MORE QUIZZES IN ENGLISH (se che gustaron estes quizzes, atoparás moitos máis no seguinte enlace):